viernes, 19 de diciembre de 2014

Hoxe en Boiro son días tristes, xa saberedes todas e todos da desaparición dos tres mariñeiros de Cabo de Cruz, polo que suspenderemos o festival de nadal 2014 deste venres 19. Haberá clase con normalidade ese día. Aproveitamos para mandarlle o máis sentido dos abrazos ás familias e demáis afectados pola traxedia.

martes, 9 de diciembre de 2014

Hoxe aproveitamos para deixarvos un vídeo de Alba, unha das nosas mellores alumnas, interpretando un fragmento do Romance Anónimo para guitarra.


A EMB ten o placer de presentarvos o útimo éxito do mes de Decembro, o tema versionado polas alumnas e alumnos da Escola: "As Burbulliñas". Agardamos que o desfrutedes case tanto como nos ó fixemos grabandoo!.

jueves, 2 de octubre de 2014

Curso de Afinación de Gaita

Arrancamos o curso na EMB coa segunda edición do curso de afinación para gaita impartido por Xaquín Xesteira (Treixadura) non vos demoredes na inscripción pois na anterior edición logo chegamos ao tope de alumnos. O curso será impartido o sábado 18 de Outubro na Escola de Música tedes toda a información no seguinte cartel.
Animádevos!

viernes, 19 de septiembre de 2014

Ábrese o telón!

Hoxe venres 19 de Setembro ábrese o telón para este curso 2014-2015 na EMB, ás 20:00 h. será a presentación na Escola e a continuación poderedes falar cos vosos respectivos profes para escoller os horarios de instrumento. As clases comezarán o Luns 29 de Setembro. Esperámosvos esta tarde!

lunes, 15 de septiembre de 2014

EMB informa: Hoxe abriuse o prazo de matrícula para o curso 2014-2015, prazo que remata o 15 de Outubro polo que tendes un mes enteiro para formalizala. Para facelo podedes dirixirvos á secretaría no horario de apertura habitual:
-Luns, Mércores e Venres de 10:00 a 13:30
-Martes e xoves de 20:00 a 21:00.
Asimesmo recordámosvos que o vindeiro venres 19 ( é dicir o venres desta semana) será a presentación do curso ás 20:00 na Escola de Música.
A conta atrás xa comezou! 
Que a música vos acompañe.

lunes, 8 de septiembre de 2014

Quentando motores...

Boas a todas e todos! o forno da escola de música xa se está quentando para comezar un novo curso, de momento vos podemos adiantar as seguintes novas que serán do voso interese:
- Venres 19 de Setembro Presentación do Curso 2014/2015 na Escola de Música.
- Luns 29 de Setembro Comezo das clases.
- A secretaría estará aberta e á vosa disposición dende o Luns 15 de Setembro no horario habitual (Luns, Mércores e Venres de 10:00 a 14:00 e Martes e Xoves de 20:00 a 21:00).
Haberá novidades como todos os cursos, pero paciencia xa volas iremos contanto, isto acaba de empezar!
Quentando motores...

jueves, 6 de febrero de 2014

Taller de Construción de Palletas





O vindeiro sábado 15 de febreiro de 10 a 14 e de 16 a 20 horas terá lugar no Centrosocial Boiro un Taller de Construción de Palletas a cargo de Xosé Piñeiro Pérez. Será preciso traer unha navalla de bo corte.

O prezo do taller será de 20€ para o alumnado da Escola de Música de Boiro e 25€ para o resto dos participantes.

Se queres inscribirte podes facelo na secretaría da Boiro Escola de Música (5º andar Centro Social) os Luns, mércores e venres de 10:30 a 13:30 e os martes e xoves de 20:00 a 21:00. Ou no Centro Social de Boiro (1º andar) de luns a venres de 9:00 a 15:00. Tamén nos teléfonos 655700104 e 981842635.