lunes, 19 de diciembre de 2016

jueves, 18 de junio de 2015

Esta semana, ademais de ensaiar para o festival de mañán venres, as nosas alumnas Alyson Dieste, Natalia Romero, Laura Places e Alba Tubío encargáronse de amenizar o acto de entrega dos premios literarios Ramón Martínez López na biblioteca da Casa da Cultura. Noraboa aos premiados!











miércoles, 10 de junio de 2015

Festival fin de curso 2015

E como todo remata achégase a fin de curso e con ela o Festival que terá lugar o venres 19 de xuño ás 20:30 h. na Casa da Cultura. Agardámosvos a todas e todos.
*Cartel realizado polo alumno da escola Jesús María Suárez Ares cortesía de CmanDixital.com

viernes, 5 de junio de 2015

Algo se está cociñando...

E esta é un pequeno adianto de unha sorpresiña que temos preparada para o vindeiro curso pero que xa se está cociñando no presente...










Romaría das Letras Galegas 2015

Aquí vos quedan algunhas das fotos da participación dos alumnos do departamento de música tradicional da EMB na Romaría das Letras Galegas celebrada no Pazo de Goiáns o pasado 17 de Maio. Recordámosvos que segue aberto o prazo de preinscripción para o vindeiro curso que durará todo o mes de xuño.






miércoles, 22 de abril de 2015

Este venres día 24 de abril ás 20:00 h. terá lugar na Escola de Música (Local Leña Verde) unha xornada de portas abertas ao ensaio da Banda Municipal de Música de Boiro, animádevos a descubrir como funciona a principal agrupación da EMB! Esperámosvos.

lunes, 6 de abril de 2015

Hoxe deixámosvos coas imaxes do Recital Leña Verde celebrado o pasado venres 24 de marzo, aproveitamos para recordarvos que as clases retómanse mañán martes día 7 de abril. Agardámosvos para afrontar a recta final do curso!